Consello Social

O Consello Social consolidouse como impulsor de iniciativas de innovación social dirixidas a satisfacer as necesidades sociais de primeiro orde e como promotor de entornos de colaboración universidade-empresa-tercer sector, que contribúen ao mellor cumprimento das funcións da UDC. Do mesmo xeito, o Consello Social fomenta a reflexión colectiva en torno á cuestión universitaria mediante unha política de comunicación proactiva, que pretende promover o diálogo público, aberto, construtivo e plural.

Funcións

As funcións do Consello Social son:

Informar sobre o persoal e convenios colectivos da UDC

Aprobar e xestionar as entidades participantes pola Universidade

Nomeamento e cesamento da persoa titular da xerencia

Supervisar os servizos universitarios e promover a excelencia

Fixar prezos de ensinanzas e informar sobre prezos públicos

Informar sobre ensinanzas, títulos e centros universitarios

Vincular estudantes co mercado laboral e entidades empresariais

Estimular a investigación e transferencia de resultados

Organizar eventos e actividades para financiar a ensinanza e a investigación

Realizar estudos para adaptar a oferta educativa e facilitar a inserción laboral

Supervisar actividades económicas e aprobar orzamentos e contas anuais da UDC

Programas e proxectos impulsados

Programa Addventure

Este programa combina formación virtual con encontros presenciais para axudar a desenvolver ou redefinir ideas de negocio mediante o uso intensivo de TIC. A través de asesorías personalizadas e traballo en equipo, os participantes entrenan competencias clave para emprender en entornos de incerteza. Ademais, contan co apoio de expertos en innovación, e-commerce e transformación dixital para impulsar os seus proxectos empresariais.

Espazo compartido

Trátase dunha iniciativa innovadora deseñada para fomentar a inclusión e a igualdade de oportunidades dentro do ámbito académico. Está promovida pola UDC en colaboración coa Fundación ONCE, Santander Universidades e a Iniciativa de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo.

Programa de colaboración con INDITEX-UDC

Intalent

Promovido pola Universidade da Coruña (UDC) e financiado por INDITEX, persegue a captación e xestión de talento investigador excelente. As accións estiveron dirixidas á contratación de persoas investigadoras postdoutorais con orzamento das axudas Consolidator Grants (CoG), orzadas polo Consello Europeo de Investigación (ERC) para apoiar a investigación na fronteira do coñecemento.

321 Personas investigadoras apoiadas

Estancias predoutorais no extranxeiro

As axudas financian estancias predoutorais de investigación en universidades e centros estranxeiros, o que permite complementar a formación doutoral dos estudantes e que estes poidan obter a Mención de Doutorado Internacional.

Ademais, o 5% das axudas resérvanse a estudantes con discapacidade.

23 Axudas concedidas en 2023

Cátedra INDITEX-UDC de sustentabilidade

A Cátedra INDITEX-UDC de Sustentabilidade é unha iniciativa de transferencia de coñecemento que fomenta a sustentabilidade e a responsabilidade social na comunidade universitaria e na sociedade. Co obxectivo de promover a transferencia de coñecemento a organizacións, o alumnado do CESIS desenvolveu cinco proxectos de aprendizaxe- servizo no 2023 xunto a entidades non lucrativas e empresas da contorna.

9 Becas de matrícula

5 Proxectos de aprendizaxe servizo

25 Alumnos

182 Inscricións

Outras Iniciativas apoiadas polo Consello Social

Espazo compartido

É unha iniciativa cuxa finalidade é fomentar as vocacións STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas, polas súas siglas en inglés) entre o alumnado de bacharelato e visibilizar os retos aos que se enfrontan as persoas con parálise cerebral no seu día a día.


Resposta da Universidade aos retos globais

As universidades xuntan os factores idóneos para a creación e promoción de estratexias, coñecementos e procedementos que axuden á sociedade na súa transformación dixital e tecnolóxica sostible. A axenda global marca o rumbo desta transformación global. Especialmente, desde 2015, cando as Nacións Unidas adoptaron os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), unha folla de ruta para lograr un mundo máis xusto, igualitario e un desenvolvemento en harmonía coas necesidades do medio ambiente. A UDC reafírmase na súa responsabilidade coa sociedade e co entorno e en 2019 asina un compromiso público que implica a súa contribución á consecución das metas propostas nos ODS.

Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) // Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) // Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CITIC) // Talentos inclusivos // Deporte extensión universitaria // UDC Saudable // Green Campus

Estancias predoutorais Inditex-UDC // InTalent UDC-Inditex // Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias // Cátedra Fillos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible // Educando para a Sostibilidade // Programa Custodia Monte Fraga // Cultura extensión universitaria // Cooperación e voluntariado // Campus Industrial de Ferrol.

Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CITIC) // Oficina para a Igualdade de Xénero // Centro de Estudos de Xénero e Feministas // Plan de Igualdade

Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) // Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) // Green Campus

Oficina de Sustentabilidade (OdS) // Green Campus

Prácticas en empresas // Spin-off // Vinveiro de empresas // Espazo Compartido // AddVenture

Contratos Art. 60 // Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) // Servizo de Apoio á Investigación (SAI) // Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) // Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) // Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) // Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CITIC) // Campus Industrial // Oficina de Sustentabilidade (OdS) // Programa BERCE

Espazo Compartido // Centro de Estudos de Xénero e Feministas // Plan de Igualdade // Cooperación e voluntariado // Talentos inclusivos

Campus da Sustentabilidade (OdS)

Green Campus

Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) // Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) // Oficina de Sustentabilidade (OdS) // Green Campus // Cooperación e voluntariado

Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) // Green Campus

Unha universidade para todos e todas

Unidade Universitaria de Atención á Diversidade (ADI)

O seu cometido principal é facilitar a plena inclusión e equidade de aquelas persoas que, por razóns físicas, sensoriais, de identidade de xénero, de orientación sexual, de expresión de xénero, psíquicas ou socioculturais, experimentan dificultades ou barreiras externas a un acceso equitativo, igualitario e participativo na vida universitaria

A ADI márcase os seguintes obxectivos específicos:

  • Velar polos dereitos do alumnado e do persoal da comunidade universitaria.
  • Facilitar o acceso á Universidade.
  • Favorecer a integración e a independencia.
  • Transmitir e difundir información á comunidade universitaria.
  • Asesorar nas posibles adaptacións.
  • Eliminar as barreiras arquitectónicas.
  • Dinamizar os canles e redes de comunicación.
  • Fomentar actividades relacionadas coa diversidade e integración social.

Oficina para a Igualdade de Xénero

O propósito desta oficina é lograr que a actividade docente, investigadora e laboral manteña un carácter equilibrado e igualitario, así como eliminar e impedir calquera manifestación de discriminación por razón de xénero que poida ocorrer no entorno da Universidade

Centros de Estudos de Xénero e Feministas

Créase co propósito de establecer un espazo de investigación de carácter aberto e multidisciplinar que integre e dea cabida a todas aquelas persoas investigadoras que desenvolvan as súas liñas de traballo sobre aspectos relacionados coa materia de xénero ou feminista.

Como garantía de responsabilidade e respecto pola comunidade, a UDC actualizou o Plan de Igualdade para o período 2024-2026, sendo conscientes de que os obxectivos teñen que ser implementados e adaptados á realidade de cada día.

O III Plan de Igualdade redactase en torno a 5 eixes de traballo:

  • Gobernanza e políticas universitarias para a igualdade.
  • Perspectiva de xénero na actividade docente, investigadora e de transferencia.
  • Formación, sensibilización e comunicación.
  • Prevención e intervención fronte ás diferentes formas de violencia de xénero.
  • Conciliación, corresponsabilidade e benestar.

Coidando a nosa contorna e medio natural

Oficina de Sustentabilidade

A súa misión principal é integrar principios sostibles en todas as actividades promovidas pola UDC, fomentando así prácticas respectuosas co medioambiente.

Educando para a Sustentabilidade

Promove a formación e participación da comunidade educativa en materia de sustentabilidade ambiental e social.

Programa monte da Fraga

Trátase dunha área forestal cercana á Facultade de Ciencias do Campus de Elviña, a cal foi reforestada pola UDC con especies autóctonas despois de eliminar a maior parte de eucaliptos que se atopaban nesa zona en 2006.

Green Metric

O Green Metric World University Ranking, busca ofrecer información sobre a situación e o desempeño ambiental das universidades en todo o mundo a través da publicación anual dunha clasificación que atende a criterios relacionados co medio ambiente.

Green Campus

É unha iniciativa da Foundation for Environmental Education (FEE) que agrupa diferentes ONGs de 65 países e promove a educación ambiental. Durante o curso 2022/2023, foi concedida por primeira vez unha Bandeira Verde á Facultade de Ciencias, facendo que a UDC conte con 8 programas galardoados con este distintivo.

Becas da Unidade de Medio Ambiente

De maneira anual, a Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade convoca bolsas para a formación complementaria en sustentabilidade desde a Oficina de Sustentabilidade e a través do Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante (SAPE).

Resultados dos indicadores ambientais

A UDC continúa traballando na mellora ambiental da súa contorna e na sensibilización da comunidade universitaria, de xeito que camiña cara a unha xestión ambiental máis responsable a través da sustentabilidade no uso dos recursos.

Pegada de carbono (tCO2 eq.)

26.579

Consumo de enerxía (kWh)

22.084.094

(indirecto electricidade)

Consumo de auga (m3)

54.474

Desglose de emisións de gases de efecto invernadoiro 2023 (tCO2 eq.)

Alcance 1 – Emisións directas

5.674

 

Alcance 2 – Emisións indirectas

2.953

 

Alcance 3 – Outras emisións indirectas

17.955


Desenvolvendo a vida no campus

Asociación Alumni UDC

A asociación Alumni UDC constitúese formalmente a principios do curso académico 2020/2021 coa misión de establecer, xestionar e ofrecer aos membros e beneficiarios sa asociación canles e ferramentas para fortalecer a comunidade de antigos alumnos e alumnas da UDC e fomentar as oportunidades de colaboración e desenvolvemento persoal, profesional e empresarial.

Para conseguir estes obxetivos, defínense unha serie de liñas de traballo:

  • Facilitar a creación de nexos entre os nosos ex alumnos e alumnas.
  • Facilitar a transferencia de información entre o ex alumnado, alumnado actual e alumnado recentemente graduado con fins de desenvolvemento, colaboración e emprego.
  • Ofrecer ferramentas para o desenvolvemento profesional, empresarial e persoal.
  • Dar a coñecer, dentro e fóra da Asociación e da UDC ao ex alumnado de éxito.

Oficina de cooperación e voluntariado

Trátase dun servizo universitario que canaliza a demanda da participación e solidariedade por parte da comunidade universitaria e da cidadanía na área de influencia da UDC. é un servizo universitario que canaliza a demanda da participación e solidariedade por parte da comunidade universitaria e da cidadanía na área de influencia da UDC.

Oferta cultural

A UDC procura continuar coa tradición universitaria de servir como espazo de creación e intercambio cultural, creando así un ambiente que potencie a inspiración artística da sociedade no seu conxunto, tanto de integrantes da comunidade universitaria como de persoas alleas a ela. Así, ademais da extensa variedade de graos, másteres e programas ofertados, dende a Universidade da Coruña ofrécense outras actividades culturais como actuacións, presentacións ou exposicións artísticas.

UDC Saudable

A UDC é un entorno que protexe e favorece a saúde, promovendo coñecementos e habilidades orientadas cara aos estudantes e traballadores, guiándoos cara a un estilo de vida máis saudable. Ademais de ser un motor de investigación e formación de profesionais futuros, é un entorno onde interactúan os factores ambientais, organizativos e persoais que afectan ao benestar e á saúde.

Obxectivos:

  • Ser exemplo de saúde na sociedade no seu conxunto.
  • Fomentar a investigación, a docencia e o intercambio na área de Promoción da Saúde.
  • Promover e favorecer a cooperación entre os organismos de saúde pública, as institucións comunitarias e as universidades.
  • Participar en proxectos internacionais e no desenvolvemento de proxectos comúns coa Rede.
  • Fomentar e aumentar a oferta de actividades relacionadas coa promoción da saúde da comunidade universitaria.

Fomento do deporte e da actividade física

A área de Deportes da Universidade da Coruña ten a misión fundamental de fomentar a actividade física e un estilo de vida saudable entre os membros da comunidade universitaria, mellorando así tanto a súa saúde como a súa condición física e potenciando a creación de relacións sociais sanas. Outra labor importante é a xestión das instalacións deportivas da UDC, co fin de garantir o máximo proveito das mesmas e un uso eficiente dos recursos e materiais dispoñibles. Ademais, promove a organización de actividades e competicións deportivas dunha ampla gama de disciplinas no ámbito universitario.