Innovación e coñecemento:
centros de investigación
CITEEC
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil

CITIC
Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Establécese como un punto de encontro entre a universidade e as empresas TIC, onde os seus departamentos de I+D+I conviven e cooperan co persoal investigador universitario, xerando así unha simbiose de coñecementos.

CICA
Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía
Naceu no ano 2016 como Centro de investigacións científicas avanzadas, tras reunir a diversos grupos de investigación da UDC nos campos da química, a bioloxía e a biomedicina.

CITENI
Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais
Xorde da necesidade de crear estruturas de investigación que permitan a promoción e adaptación do tecido empresarial, académico e social á transformación cara á industria 4.0. O seu principal obxectivo é impulsar os ámbitos das Tecnoloxías Navais e Industriais a través dunha perspectiva integral.

Promoción da investigación na UDC
OTRI.Oficina de Transferencia de Resultados da Investigación
Traballa para favorecer relacións universidade-empresa, impulsando as relacións estratéxicas mediante a innovación e a transferencia de resultados científico-técnicos ao sector produtivo.
Transferencia de coñecementos a través dos contratos do Artigo 60
A Lei Orgánica 6/2001 do 21 de decembro, de Universidades (LOU), recolle no seu Artigo 83 a normativa referente aos contratos de colaboración con fins de desenvolvemento de traballos científicos, técnicos, artísticos e actividades educativas de especialización ou formación entre a Universidade e outras entidades ou persoas físicas.
Programa BERCE
Supón un servizo de Apoio á Ciencia Excelente que fomenta a presentación de propostas exitosas do persoal investigador en convocatorias tanto nacionais como internacionais de maneira individual.
Programa Transfire
Transfire-UDC é un programa creado pola OTRI para identificar e poñer en valor os resultados de investigación xerados por persoal investigador da UDC, con independencia da área de coñecemento e o ámbito de aplicación do resultado.
En 2023, o proxecto ECOFROST_B, superou o proceso de selección e conseguiu o financiamento para a súa execución.
Formación especializada como
garantía de adaptación

Campus industrial de Ferrol
A creación do Campus Industrial de Ferrol reforzou o compromiso da UDC por dinamizar e articular a economía a nivel comarcal, rexional e nacional, sendo ademais a primeira aposta que se fixo desde a nosa Universidade como Campus de Especialización.
Principais cifras:
- Orzamento: da Xunta de Galicia: 1.517.000€
- Investigación: 2 contratos postdoutorais e predoctorales. 6 proxectos competitivos a nivel nacional e 7 a nivel internacional. Celebración de diferentes xornadas e dunha convocatoria de patentes.
- Transferencia: 6 patentes e apoio a unha spin-off. Celebración de distintas xornadas e dunha convocatoria de patentes.
- Internacionalización: 8 becas máster concedidas a persoas estranxeiras e 30 proxectos de mobilidade de persoal investigador financiados. O Campus participa en 17 redes internacionais e colabora con 316 entidades.
- Docencia: 75 seminarios organizados e 16 proxectos de mobilidade para profesorado financiados.

Sustainability International Campus UDC
Este proxecto busca situarse como líder na integración da sustentabilidade en todas as súas actividades académicas, investigadoras e de interacción coa sociedade, fomentando a creación de “terceiros espazos” (lugares de relación entre membros da alianza e a sociedade no contexto europeo), como a alianza EMERXE (Empowering the Margings of Europe through Rexional and Global Compromiso), onde a UDC é socia por pleno dereito.
Empregabilidade e emprendemento universitario
FUAC.Fundación Universidade da Coruña
É unha organización sen ánimo de lucro encargada de xestionar a oferta de prácticas externas do alumnado, así como do desenvolvemento e do apoio ao financiamento de iniciativas da UDC. A misión da FUAC é promover a investigación, a formación, o emprego e a transferencia de coñecemento en colaboración coa UDC, impulsando a participación de entidades públicas e privadas no desenvolvemento social e económico da sociedade.
1.194 Prácticas profesionais xestionadas
27 Accións de formación
11 Congresos
157 Proxectos de investigación
16 iniciativas propias
Spin-Off
Desde a universidade se exploran posibilidades comerciais que apliquen aos resultados dos seus investigadores. O resultado son empresas con base tecnolóxica e coñecemento científico denominadas spin-off, que están participadas pola UDC.
No curso 2022/2023, houberon 11 spin-off activas:
- Appentra Solution, SL
- Appentra Solutios, SL
- Torus software Solutions, SL
- Artificial intelligence Idestia, SL
- Peloides Termales, SL
- Humigal, Sistemas Ecológicos de depuración de Aguas, SL (SEDAQUA)
- Centro de Estimulación Cerebral de Galicia, SL
- Nerxus Quality Solutiosn, SL
- Terravanza, Gabinete de Estudios Territoriales Avanzados, SL
- IUS Publicum innovatio, SL
- Phycosem Marine Agronomy, SL
23 PDI participantes
31 Contratacións
2.761.646,45 € Patrimonio neto
1.687.799,18 € de facturación
Viveiro de empresas
Este espazo de acollida a persoas emprendedoras da contorna da UDC créase en 2004 por mor do aumento da demanda de lugares para a creación e despegamento de startups.
En marzo de 2023 lanzouse unha nova convocatoria que se resolveu coa cesión dun espazo libre de gastos durante 8 meses para o proxecto Apolo Design. Esta startup presta servizos de branding, deseño gráfico, estratexia de márketing e márketing de contidos.