Curso académico 2022 - 2023

Principais cifras

Goberno universitario socialmente responsable

Misión

A universidade ten como finalidade contribuír ao avance cultural, social e económico da sociedade por medio da xeración, xestión e difusión de cultura e coñecemento científico, tecnolóxico e profesional. Persegue, ademais, a formación dunha ciudananía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática, cooperativa e solidaria, capaz de analizar a calidade, de diagnosticar problemas e de formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Visión

No horizonte das décadas vindeiras, a dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e desa transición cara a un modelo máis ecolóxico e respectuoso co medioambiente e coas persoas, e co fin de responder o reto da innovación dixital e tecnolóxica, a UDC aspira a ser:

Xeradora de coñecemento útil e especializado.

Líder en innovación e coñecemento e tecnoloxía.

Xeradora de canles de participación solidaria e responsable.

Comprometida cun desenvolvemento sostible.

Unha institución unida á sociedade, ás súas diferentes realidades e sensibilidades.

Un axente de mellora de competitividade, eficiencia, sustentabilidade e economía.

Comprometida co fomento dunha vida saudable

Valores

O compromiso con Galicia

A calidade

A resiliencia

A responsabilidade social

A igualdade de oportunidades

A sustentabilidade, a circularidade da economía e o respecto do medioambiente

A participación activa

O respecto á diversidade

A transparencia

Grupos de interese: Diálogo e temas materiais

Oferta académica

A UDC busca mellorar ano tras ano a súa oferta educativa. Este curso 2022-2023 aumentou tanto o número de graos como o de programas de doutoramento ofertados.

Estudantes

A actividade formativa adquire o seu sentido no alumnado. A UDC centra os seus esforzos en ofrecer a máxima calidade docente e superar e satisfacer as expectativas e necesidades deste grupo de interese prioritario.
É o alumnado quen se encarga de materializar a innovación social que se lle procura desde a universidade.

Equipo humano

Grazas ao valor que achega o traballo e a dedicación de todo o noso equipo humano, logramos impulsar un proceso de mellora continua en termos de innovación e desenvolvemento sostible, alcanzando así a máxima excelencia no ensino, a protección e o coidado das persoas e o medioambiente.
Para poder satisfacer as necesidades e superar as expectativas que teñen os nosos grupos de interese, contamos cun equipo de 2.215 profesionais.

Análise de materialidade

A UDC realizou unha análise de materialidade que identifica os asuntos máis relevantes do seu modelo de xestión sostible. Este exercicio permite impulsar a Memoria de Sustentabilidade e aliñala cos principais estándares e tendencias de reporte internacionais.

A materialidade de impacto

Analiza os efectos positivos ou negativos da actividade da universidade nas persoas e no medioambiente. Os temas relevantes que resultan desta análise permiten comprender os impactos da UDC sobre o desenvolvemento sostible e a súa influencia na relación cos grupos de interese.

A materialidade financeira

Analiza os efectos no desempeño e os obxectivos da universidade derivados de cuestións de sustentabilidade. Esta perspectiva facilita a comprensión de como as cuestións ambientais, sociais e de gobernanza poden converterse en riscos e oportunidades con efectos sobre os resultados da UDC.

O propósito desta análise é mellorar a xestión da sustentabilidade na universidade e facilitar aos grupos de interese a comprensión do contexto, os impactos, os riscos e as oportunidades da UDC na materia. Impulsando así unha comunicación transparente e relevante que promova o diálogo e a colaboración a longo prazo.
Para a elaboración da matriz de materialidade e a priorización dos asuntos, seguiuse o seguinte proceso. En primeiro lugar, realizouse un estudo do contexto que inclúe a análise comparativa con universidades de referencia dentro do Sistema Universitario Español, os principais retos e tendencias do marco universitario, o contexto do Sistema Universitario Gallego e as referencias a estándares nacionais e internacionais en materia de sustentabilidade. Este estudo permitiu xerar unha listado base cunha serie de temas potencialmente materiais.
Posteriormente, levouse a cabo a súa priorización mediante unha consulta aos principais interlocutores da universidade, que actuaron en calidade de representantes cualificados dos grupos de interese.

Asuntos materiais

Ambiental

A1. Consumo enerxético e
eficiencia

A2. Xestión eficiente da agua

A3. Conservación de
ecosistemas e biodiversidade

A4. Cambio climático e
enerxías renovables

A5. Economía circular e
xestión de residuos

A6. Mobilidade e espazos
sostibles

Social

S1. Comunidades, compromiso
social e desenvolvemento local

S2. Relacións laborais e conciliación

S3. Docencia de calidade e
diversidade do alumnado

S4. Emprendemento e
empregabilidade

S5. Vida activa e saudable

S6. Xestión do talento e
igualdade de oportunidades

S7. Seguridade e saúde laboral

Gobernanza

G1. Becas, mobilidade e
internacionalización

G2. Comunicación e participación,
grupos de interese

G3. Cumprimento normativo e
lucha contra a corrupción

G4. Desempeño económico
e riscos financeiros

G5. Xestión de avaliación de provedores

G6. Goberno responsable, transparencia e cultura ética

G7. I+D+i, transferencia e relacións
sociais e empresariais

G8. Privacidade da comunidade
universitaria e seguridade da información

G9. Transformación dixital